Avançar para o conteúdo principal

Botando fume

O lápis no cadeno.

O cigarro de picadura acabado de liar.

O novo borrador. Os proxectos todos. A constancia que me falta por desenvolver ao completo.

Coido as miñas mans, ferramenta necesaria para o traballo no teclado e no papel, vella garda pretoriana.

Aceite de romeu.

Quéreme.

Comentários

Todos son aderezos interesantes; máis penso que case que podías prescindir de todos eles con tal de que che quedase esa frescura de mente precisa para alumar (ou parir) o texto que queres transmitir.

Beijos outra vez (sen fume)
vintxuca disse…
Sorte na viaxe...xa tes velas, remos e timón...agora ....a navegar.
Xan disse…
A idea=obxetivo.
A costancia=folla de ruta
A ferramenta:intelixencia+ as mans.
A fortaleza: quérente+quéreste+crees en ti.
Exito Seguro
Tempo...Xa
Sorte.
Mara disse…
Que ledicia lervos!
Benvido, Xan.

Moitas lecturas máis,todos xuntos, neste outono.

Apertas e beijos dende a beira mesma do mar.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.