Avançar para o conteúdo principal

O que son as estrelas no ceo

Se escribo poemas tristes e falo en soños e ando arrastrando as sandalias (cos ollos sen ver malia que abertos), a culpa non é miña soamente.

Que as bágoas que choro son pequenas estrelas que me pingan nas palmas das mans abertas.

Tés moito que ver nisto.

Tanto que ás veces me sinto alienada: son un oco nunha pedra furada pola corrente.

Di: canto resistirei antes de romperme en guizos e ser area no vento?

Hoxe sona.- L'Échec, de Yann Tiersen

Comentários

A ese (ou esa) que logra tal inspiración en ti, hai que decirlle que siga na mesma liña.
(Vas por moi bo camiño para o Nobel, e as cousas boas costas sofrimentos!!!)

Un bico
Raposo disse…
As veces hai que romperse en anacos para valorar debidamente cando un está enteiro.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!