Avançar para o conteúdo principal

Truco de maxia

Volvín.
Pero non sei se teño algo interesante que contar, ou xa nin interesante.

Gaza e a proximidade de Febreiro van ocupando a miña cabeza, xunto cos novos certames que se van achegando tamén.

E todo o traballo que me falta para poder concorrer a eses certames.
E que non me apetece escribir. Ou non sei, ou calquera cousa.

De todas formas, toca poñerse en marcha de novo.
Ainda que preferiría que me fixeran desaparecer, como nun truco de maxia.

Comentários

Anónimo disse…
Se desapareceras... un sol apagariase, e non son queridos esa crase de eclipses. Sempre custa comezar e retomar de novo, a tod@s,todo é poñerse. ÁNIMO nesa transición do ser. Saudiños. Bicos
LM disse…
os truques nom deixam de ser isso truques...melhor passar por estes momentos e voltar carregadinha de forzas.
beijos
fgul disse…
Volver sempre é importante.
Gaza non deixa de ser importante.
Os certames si que non son importantes.

...e non desaparezas.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.