"Recorrer moitos camiños,
volver á casa
e velo todo como se fose a primeira vez".
[T.S.Eliot]
Mais todo resulta tan familiar...
Raíz.
Matriz florecida.
Supoño que te estrañei nesta distancia autoinflixida, rúa, colexio, fonte, ultramarinos,taberna.
"...e velo todo como se fose a primeira vez" e non poder deixar de mirar.
Son eu en cada unha das túas esquinas.
Cando chegan ventos novos, un non pode resistirse a buscar trazos de familiaridade nos olores aínda descoñecidos.
Comentários
Pido pola (miña) fertilidade cada día.
Apertas ( e que os reis che traian moitos agasallos, ou o que precises, que sempre se aproveita mellor...).
feliz ano
beijos