Avançar para o conteúdo principal

Round my hometown

"Recorrer moitos camiños, volver á casa e velo todo como se fose a primeira vez". [T.S.Eliot] Mais todo resulta tan familiar... Raíz. Matriz florecida. Supoño que te estrañei nesta distancia autoinflixida, rúa, colexio, fonte, ultramarinos,taberna. "...e velo todo como se fose a primeira vez" e non poder deixar de mirar. Son eu en cada unha das túas esquinas.

Comentários

Absorta estás?. Fertilidade segura entón.
Unknown disse…
Ogallá.
Pido pola (miña) fertilidade cada día.

Apertas ( e que os reis che traian moitos agasallos, ou o que precises, que sempre se aproveita mellor...).
LM disse…
pois pediremos por ti entom...
feliz ano
beijos

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!