Avançar para o conteúdo principal

Cando

E non deixa de chover.
Quero ver o sol. Quero senti-la tépeda caricia das raiolas na faciana.

Quero que o meu teclado volva a ter a letra "o" no seu sitio!

Reivindico o "cando"!

Reivindico reivindicar!!

Comentários

Anónimo disse…
Oh Mariola! A letra "O" vai na faciana do sol, así que asome... voltará esa letra ao teu teclado. Mais non esquezas que o sol está en ti ;-) Entrementres na Galiza chove, e chove en Compostela... coma dixo Lorca. Beijos de sol

(escoitando "Saldremos a la lluvia" de Manolo García)
Chove?? Non digas tal!!!
Unknown disse…
Aaaaaaaayyyyyyy!
Ja me maten, payo, miraloquetidigo!
:D :D
vintxuca disse…
Pois paciencia porque veñen un par de semanas chuviosas... imos ter que marchar todos pra o Caribe!!!Xa está ben oh.
rui disse…
Pois o sol está aí ao lado, só hai que pórse por riba das nubes, non é tan lonxe!
Raposo disse…
Apoio a túa reinvindicación. Xa está ben de choiva e vento, de neve e saraiba. Eu tamén quero un pouco de sol. Xa!!!
LM disse…
habemos parecer todos lagartos em quanto cheguem as primeiras raiolas... sumo-me ao reivindico reivindicar!
beijos

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!