Avançar para o conteúdo principal

Meme "Os cinco praceres"

Lín no blog de L e M este meme e decidín entrar no xogo. A cousa vai en dicir cales son as miñas cinco cousas favoritas, os cinco praceres máis pracenteiros :)

1. A ducha de auga quente pola mañá, pola noite, pola tarde..., cando sexa.
2. As mañás de domingo na auga quente da piscina climatizada.
3.O calor da súa pel na miña, o seu beixo, cada un deles ata o infinito.
4.O arrecendo a café acabado de facer servido nunha cunca, mirando en pixama pola fiestra chea de vaho na mañá.
5.A ollada dos picariños: as miñas arelas de ser nai reflexadas neles.

Comentários

fgul disse…
e volvemos aos memes (cousa de nunca acabar), eu aínda teño pendente un do amigo Paideleo.

...queda claro que gostas do café e a auga...

Por certo; o libro xa está nas librarías non¨??
LM disse…
ummm... todo um prazer sensorial!
beijos e brigada por recolher o convite.
Mer disse…
Agora con este frío, estar entre as súas sábanas, ben tapadiña, abrazada a el, sen ter presa por levantarme cedo a mañá, e poder disfrutar perezosa da cama mentres o galo canta.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.