Avançar para o conteúdo principal

Elizabetha ama a escritura

Elizabetha, a miña doce e louca gata, ama a escritura..., os intrumentos de escritura: xoga incansable cos cadernos, cos lápices e bolígrafos que deixo sobre as mesas.

É o felino perfecto para un poeta.

Míroa na súa brincadeira e énchome de tenrura e ilusión.

Quizais algún día ela escriba o seu propio libro.


Comentários

discrepo. perfecto?
fgul disse…
ten coidado!! non afie as uñas!!
Unknown disse…
Alberte: perfecto, pola súa mirada, a elasticidade e elegancia dos seus movementos silenciosos, pola súa independencia e o seu cariño. Sobretodo, pola independencia.

André: Certo, acredito. Ela escolleume e eu ameina dende que me mirou con eses ollos grandes e profundos.

Manuel: Descoida, é considerada e feliz. E temos o noso acordo tácito de non-agresión mútua (ademáis de que o veterinario se encarga de cortarlle as uñas de cando en cando).

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.