Avançar para o conteúdo principal

Café Coffee Kaffee

A cálida morriña da cunca de café.

A tépeda tenrura da túa pel na miña, nos meus beizos, entre as miñas costelas e na miña médula estarrecida.

Por iso será que as nubes pasan tan ás présas diante dos ollos abertos, coa mirada perdida nas pólas espidas das árbores e nas follas estradas na herba dos xardíns. E o que xira arredor parece o máis fermoso que as miñas meniñas adormentadas viron ata agora.

Por iso será que leo libros con ansia, fumo con placidez e ata o viño me reconforta, cor-de-sangue.

Por todo iso.
O que vou compartindo contigo, aínda cando non estás.
Si.

Comentários

Unknown disse…
Doce André.
O teu abrazo é cálido e aromático tamén.

Beijo
LM disse…
ui...se isso é o que se partilha enquanto nom está, que será quando está....?
beijos
Unknown disse…
Cando está compartimos o silenzo. Que pode ser máis delicioso que iso?

Beijos

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.