Avançar para o conteúdo principal

Meme sobre o último día

A linda Mer envíame o recado de facer un meme sobre o meu último día.

Como hoxe é o meu último día de vacacións, pois... por que non prestarme á brincadeira?

Aló vou!

Que canción che gustaría escoitar?
Supoño que preferiría o silenzo, escoitar o vento, os paxaros, a Vida arredor. Que mellor canción que esa.

A que libro lle botarías un ollo?
Ao "Cantar dos Cantares".

Con quen che gustaría falar?
Con quen pasara polo camiño.

Que che gustaría comer?
Non perdería o tempo en comer.

Que farías e que che queda pendente por facer?
Pasaría unhas horas escribindo, outras tocando o violino.
Supoño que o único pendente que me queda por facer é ter un fillo, pero sería moi dooroso ter que abandonalo.


Pois este é o meu meme. O último día non debe sentirse como perda, senon como o necesario tránsito cara á Nada.

Gostaría convidar a quen queira a facer o meme, ou alomenos a plantexarse as preguntas que o compoñen. Sempre é interesante saber como nos enfrontamos á nosa propia existencia e ó fin dela mesma.

Comentários

Mer disse…
Pois gracias por aceptar a contenda.

A saber o que faríamos o último día, mellor non sabelo e seguir facendo o que queremos, debemos, sabemos... ao noso ritmo.

Bicos
paideleo disse…
Graciñas polas túas palabras agarimosas !.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!