Avançar para o conteúdo principal

A-Lelo 334

Non é nada novo. Os instintos sobreviven en nós.

Parece que os homes son máis primarios aínda que as mulleres (é evidente, por outra parte, e tampouco é novidade).

É que, como lle dixen a un coñecido, os homes son tan sinxelos como o mecanismo dunha roda no seu eixo (co correspondente enfado do susodito polo das xeralizacións, que son tediosas, blabla..., por suposto...).

Pero a ciencia me respalda e asenta a miña afirmación desta volta.

E senon, lede isto, lede...

Comentários

Anónimo disse…
Esto tamén servirá como excusa científica para moitos primitivos ;)
ai la lelo ai la lalo
Unknown disse…
Ai, ai, si...

Boas pezas sodes os tres. :)
Xa sabedes: el que se pica,...te jodes ( que é como remataba todos os refráns moi sabiamente un amigo meu da adolescencia...).

Alberte, déboche un gin-tonic YA!

Chousa, déboche un exemplar do poemario pirataaaaaaa!

André, segue estudando duro para os exames!


Beijos impúdicos para os tres, ou para ningún...( el alcohol comienza a hacer estragosss...).

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!