Avançar para o conteúdo principal

Diferenciando

Un nunca sabe que oficio novo pode aprender falando cun profesional, sexa cal sexa o seu ámbito de traballo.
Eu hoxe aprendín que as pulgas tamén teñen que ser sexadas; que hai PULGAS e PULGOS.

O método do sexador, ademáis, require (digamos) certo talento musical, porque o PULGO responde só cando se lle asubía.

Transcribo aquí a conversa da miña investigación de campo entre o individuo "A" ( o experto sexador de pulgas) e eu (que me denominarei "B"...):

A.- Moito me doe esta perna... Non sei que tén...
B.- Será unha pulga?
A.- Como?!
B.- Que se terás unha pulga que che está picando... (a perspicacia é fundamental para o antropólogo e o investigador...).
A.-En todo caso, será un PULGO (aquí introdúcese o novo factor de estudo...)
B.-(con auténtica sorpresa) UN PULGO??!! Pero tamén hai machos?
A.- Home, e logo?
B.- E iso, como se lle mira?
A.- Asubiando.
B.-(risas dos demáis individuos que presencian a escea...)¿?¿?¿?¿?¿?
A.-...Se é pulgo, atende.

Comentários

Mer disse…
pero si é Séchu e o seu circo de pulgas Made in Galiza!!!

http://circodepulgas.blogaliza.org/

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!