Avançar para o conteúdo principal

Calcetíns

Deixo a roupa mollada tendida, pendurada.

As pingas caen dela como bágoas de cores, con olor a suavizante e a deterxente.
O ritual é sempre o mesmo: coller a prenda, sacudila con forza para que non queden moitas enrugas, ...

Espero que os pementos non pinguen e se vaian dos calcetíns á tixola.



Hoxe sona.- Under the brigde, dos Red Hot Chili Peppers

Under the bridge downtown
Is where I drew some blood
Under the bridge downtown
I could not get enough
Under the bridge downtown
Forgot about my love
Under the bridge downtown
I gave my life away

Comentários

Antón de Muros disse…
Quén puidera pendurar a alma para que pinguen dela as feridas e dores!

Moi boa a música, grazas :-)

Saúdos.

Antón.
Unknown disse…
Como que non se pode pendurar a alma?

Eu xa o fixen algunha vez.
E as feridas cicatrizan ben ó sol.
Tan ben que non se notan no sorriso nin nos ollos.

Beijo transatlántico

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!