Xa só un día máis.
Por que non engancharei un contrato regular?
Hoxe fixen tantas camas que posiblemente soñe con elas na sesta.
Espero poder recuperarme do shock :D
E espero que me chames e nos vexamos e falemos, teño fe.
E paciencia.
E unha felicidade inmensa porque Benedetti tén novo libro no mercado. Haberá que engadilo á miña biblioteca que, como un fillo mimado, vai medrando pouco e pouco (grazas de novo, Carlos).
[Foto de "La Voz de Galicia"]
Hoxe sona.- Baby, I love your way, de Peter Frampton
Comentários
unha aperta
Certo, terei máis tempo para ver ós amigos e amigas, para ler, para durmir...
Pequenos placeres insubstituibles da Vida.
Beijos
Cóntoche que eu fixen camas en Londres e podo facer unha idea de como estás.