Avançar para o conteúdo principal

Perto

Descanso dominical.

Levo unha semana algo movida, bébeda, insomne.
Agora, os efectos secundarios: a tristura, lagoa inmensa.

Non importa.
Lévote aquí dentro, onde ás veces (cando estás perto) palpuxa o meu corazón.





Hoxe sona.- Volver e En el último trago, de Chavela Vargas

Comentários

Anónimo disse…
Terás que descansar un pouco, pero xa o verás como o lograrás.

Beijos doces coma o té
Bueno, para iso o mellor e descansar e pasalo ben. Bicos
Paz Zeltia disse…
no se terminan esas frases con un "que me quiten lo bailado"? pues eso, el vacío y la tristeza siguen a las juergas como los lunes a los domingos: natural.
ángel disse…
Este comentário foi removido pelo autor.
ángel disse…
Gracias por el comentario que dejaste en el poema de Lucrecio que publiqué en la entrada de este mes en mi espacio, ya tuyo. Un gusto recorrer tus palbras en tu idioma plasmado sobre una estética diáfana y matizada por obras de Frida.

Saludos...

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!