Avançar para o conteúdo principal

O que está mal

Xa non sei como vai isto, cales son as normas do combate, cal é a meta, o inimigo a vencer, os muros por tirar, o sabor do vento.

A miña brúxula xa non quere atopar o Norte e a agulla non deixa de bailar.
Como a túa voz dentro da miña cabeza.
Por qué todo se presenta tan difícil de socate?

Que clase de castigo me envían os deuses, de presentarme algo brillante e fantástico e arrebatarmo?
Síntome unha pobre Ariadna, Penélope...
Os fíos son tan febles que xa non son quen de tecer.

Dín os vellos que o que mal comeza...

What kind of fuckery is this?

Comentários

Angel Utrera disse…
Isto é a vida......nada mais
Un mal sono, un pesadelo, unha viaxe en tren a ningures....
As veces, atopas unha fermosa estaciòn, outras unhas palabras amigas, unha mirada de amor. un abrazo....e Outras estan nun burato escuro, cochambroso e merdento...
De todo se sae, xa o veras....De ùnico lugar do cal non se regresa é do frio silencio da morte.
Anónimo disse…
Atoparás o Norte seguro que si e a agulla da brúxula, encontrarao pronto.

Os deuses non te castigarán máis...

Beijos doces
Mararía disse…
... mal acaba. Eu teño días así, recoméndoche ir polo blog de Cris e escoitar un par de veces I will Survive, subirache a adrenalina un pouco. Jjajajja.

Un saúdo.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.