Avançar para o conteúdo principal

Fase 2

Xa estou na Fase 2: Desilusión.

Adeus encantamento.

Que fago?

Mirareime as dedas esta tarde, pensando no suaves e mornos que sentía o teu cabelo e a túa pel.
Na metamorfose da amargura do gin-tonic ó bicar.
E deixarei de queixarme.

Tampouco é tan terrible esta miña doce soidade.
Quedan os versos que aínda non che escribín para encher as horas endurmiñadas, que non mortas, nunca.

Pero unha palabra túa bastaría para salvarme.


Hoxe sona.- Tired, de Adele

I'm tired of trying
your teasing ain't enough
Fed up of biding your time
when I don't get nothing back
and for and for and for
when I don't get nothing back
boy I'm tired

Comentários

Pois prepárate, que despois do encantamento, xusto cando cesa de soar a flauta, ven a fase de volver meterse na cesta. E non se pode asomar a cabeza ata que ó flautista lle da por facela soar de novo...

(Animar a unha poeta para que cese a sua melancolía (?) é tanto como estragar a cobertura da sua inspiración; de xeito que...con certa maldade, pídoche que escribassss!)

Bicos na terceira fase
Unknown disse…
Non vou meterme na cesta. Non hai cesta. Devoreina.

Só quedan amigos e saír á rúa. E o traballo. E estudar.

Non hai cesta que me reteña.

Non quero.

Non.
Anónimo disse…
O doce que está o Keffir ó bicar..

Beijos doces