Avançar para o conteúdo principal

Domingo, Domingo, Domingo..., e ti.

Domingo significa, últimamente, sesta despois de xantar e cansazo.
Significa día de portas pechadas e fiestras abertas, de manta e sofá, de pouco teclear e pouco falar, de precisar mimos a moreas.

Significa que necesito a túa compaña, (non preguntes porqué, porque nin eu mesma o sei certo). Que gusto tanto dela e do teu sorriso calado como da túa mirada e do teu cabelo, e das túas mans e das túas palabras, da túa voz maina e tépeda flotando no meu oído.

Porque de repente, tu nombre me sabe a hierba e sinto nostalxia das pontes.



Hoxe sona.- I've got you under my skin, na voz de Frank Sinatra

Comentários

Vale; as licencias poéticas teñen todos os dereitos e non lle compete a un narrador entablar discusión neses eidos. Pero xa me dirás ti se para que su nombre te sepa a hierba...non vale tamén un sabadiño, carallo!
Me lo explique

La bico
Anónimo disse…
Os mimos son unha cousa, que unha vez cando os tes, logo acostúmaste e queres telos :)

A compaña no corazón, necesítase, porque así o corazón, pode later con máis calma, xa que sabe que se sinte acompañado e bicado cada vez que da un latexo e fai bum bum


Beijos doces




"Porque te quiero a ti, porque te quiero, cerré mi puerta una mañana y eché a andar.
Porque te quiero a ti, porque te quiero, dejé los montes y me vine al mar."
Anónimo disse…
Bastante creativo, aínda que a organografía non me deixa ser o creativo que quixera...

Beijos doces e saborosos
Paz Zeltia disse…
e as pontes son desas feitas por inxeñeiros ou das feitas no calendario? supoño que as últimas, ainda que a s pontes de pedra porriba de rios pequenos e brincadeiros nas pedras son ben románticas!

;)

este chousa sempre che está a dar caña!