Avançar para o conteúdo principal

Tic tac

O tempo vai pasando, conta atrás ou suma, sempre depende da perspectiva.

Concéntrome nese irse indo.
Non teño apetito, nin falla del, nin impaciencia, nin sono, nin mágoa, nin ledicia.

Alomenos, terei convidado na casa, ledicia anovada que entra pola porta e polas fiestras.
Que permaneza un anaquiño.

Que permaneza.



Hoxe sona.- Shattered, de The Cranberries

I'm trying to control myself
So please don't stand in my way
I've waited for the longest time
This is what I wanted in my way

Move over, move over
There's a climax coming in my way
[...]
Please, don't stay in my way.

Comentários

Anónimo disse…
O tempo vai pasando, pero aquelo que desexes, irase cumprindo.

Seguro que chi.


Pd: Ti ti ri ti ti
Sempre me amolaron moitísimos os reloxos do tic-tac. Na casa de meus avós paternos había un de parede que non me deixaba durmir. Eu poñíalle letra a unha vehemente música "tictaquiana" e así pasaban as horas.
Por iso aceptei axiña a silenciosa dixitalidade.

Saúdos horarios

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.