Avançar para o conteúdo principal

Resaca

Segundo indica o diccionario da RAG

resaca s.f. 1. Movemento de retroceso do mar, despois de romperen as ondas contra a terra. Hai praias en que a resaca é perigosa. CF. refluxo. 2. fig. Malestar que se produce ó día seguinte dunha borracheira. Dóelle a cabeza da resaca.

Eu falo da segunda definición, hoxe.

Pero falo ben baixiño, porque senon, písanme os elefantes.

[a foto é de aquí, pero fareime un par delas semellantes hoxe, seguro...]


P.S. - A inauguración foi moi ben, moi divertida, sobre todo, que era o que buscabamos.
Hai xa xente interesada nalgunha das fotografías, e os meus relatos-poemas gustaron terriblemente. Síntome agradecida e satisfeita.

Grazas a todas e a todos.

Hoxe durmirei o que queda de día, se cadra...

Comentários

d´Agolada disse…
Vai ti saber que fixeches despois da inauguración esa jejje. Bicos
Anónimo disse…
Din que os xeados, van ben para estas cousas...

Recupérese
Cuspedepita disse…
Parabéns !!
A estas horas xa che pasaría a resaca, supoño ;-)

Bicos
Paz Zeltia disse…
Noraboa polo éxito da exposición e por pasalo ben...moi ben polo que vexo ;-)

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.