Avançar para o conteúdo principal

Deliciosa xornada de sol

Como xa dixen no post anterior, hoxe tocaba praia.
E o máis marabilloso, ademáis do sol, do olor e do son do mar é ESCRIBIR. O relax do lugar permitiume dar azos ás palabras.

E aquí volas deixo.

TRES POEMAS DE MAR E SOMBRA

1.

Dóeme o peito
árbore que medra.

Corto a garganta
para calar
para beber o sangue quente
ata vaciarme
/aliméntome.

Non importa o vento do mar
que me arrinca o orgüio

e me golpea o corpo
con agullas
a lategazos.

Porque, se cruzo
os dedos
sobre a carne
aberta/ mar escumado/ ponte
aínda sinto a respiración
axitando as costelas.


2.

Non pidas
beber
do manancial agrio

das areolas escurecidas das
miñas tetas

porque xa non teño
paciencia/ nin calor
nin forzas

/criança

para sosterte entre os brazos

que xa nin
a min mesma
me rexen.


3.

Non fagas que me choren
os ollos
a luz da mañá fere
as paredes do cuarto.

Deixa que durma
un anaco máis
/ cotiá inconsciencia voluntaria
mentres te vas
indo

recolle todo o teu
e pecha con coidado
a porta
en silencio.


Hoxe sona con estes poemas.- Malquerida, de Nubla

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Coido que pillaches unha insolación¡¡

Brooooooooooma¡¡¡

Eu escapo do sol, dáme medo¡¡¡ Ademais odio o calor¡¡¡

Debo de ter sangue celta, un purasangre entre tanto fenicio¡¡ Vaites, que parida¡¡

Volvede, inverno, chuvia, vento¡¡¡

Ja¡¡
d´Agolada disse…
Pois pasao ben no verán e desfruta moito. Bicos
Nuevo Ícaro disse…
Parece que a brisa marina che trouxo inspiración, eh. A mín a playa nunca me gustou demasiado a decir verdade, pero teño que ir un día de estes, a ver si a miña nova forma de velo mundo cambio algo.
PD: Ainda non puiden ver a exposición, sempre me pasa algunha cousa que o impide, a primeira vez cita ineludible, da segunda o garito cerrado, a terceira vouno deixar en suspenso, a ver si a cuarta vai a vencida, pero cas festas do Apostol o vexo fastidiado. Saudos.
Unknown disse…
Nuevo Ícaro>>Déixao para despois das Festas, recoméndocho.
O garito abre polas tardes. Se me avisas, acompáñote e cha explico :)


A praia non é santo da miña devoción, tampouco. Pero o mar si.
E as praias do Norte son perfectas!!

Unha aperta!
Cuspedepita disse…
Segue disfrutando do sol e da praia cando poidas :-)
Desconecto por uns días. Ata logo.
Biquiños e que todo saia ben.
Anónimo disse…
Con relax, escríbese chachi ;)

Bicos
Paz Zeltia disse…
mecajonosol do carallo! menos mal que hoxe apareceu anubado. Sinto, pero pasei dous dias moi malos desa calor abafante, dilatanseme as venas, dilátaseme a preguiza e a voluntade