Avançar para o conteúdo principal

Conta atrás para a inauguración

Isto das contas atrás é un pouco fastidioso.

E o do tema de organizar e dos últimos retoques e da publi e das relacións idem..., en fin... Espero que todo saia medianamente ben.

Por certo!!!!! Xa están tamén listos os libros-catálogo da expo, con todos os relatos e fotos ( non esperaba que a imprenta rematara a tempo..., sinceramente). A todas e todos as e os que esteades interesadas/os en facervos cun exemplar tendes dúas opcións: vir á exposición o sábado (que sería xenial!!) ou enviarme un correo a info@animaxes.com coa vosa dirección postal, onde vos enviarei a costes pagos o libro (que custa 10€). Igualmente, estarán á venda as fotografías cos seus correspondentes relatos, asinados polos autores (os prezos varían segundo os tamaños).



Hoxe sona.- The 59th Street Brigde song (Feelin' Groovy), de Simon & Garfunkel

I've got no deeds to do,
No promises to keep.
I'm dappled and drowsy and ready to sleep.
Let the morning time drop all its petals on me.
Life, I love you,
All is groovy.



Comentários

Angel Utrera disse…
Por favor, avisame cando puidamos mercarlo, e dinos donde, supoño que en Santiago.....pero en cal libreria.
Bicos.
Unknown disse…
Estaredes na inauguración este sábado??!!!

Non hai distribución en libraría, só nos lugares onde vaiamos a expoñer, síntoo Angel, pero a todos aqueles que esteades interesados, volo podo enviar por correo a portes pagos (o prezo é 10€).

Escribídeme ao correo electrónico nievinhas@hotmail.com

Beijos
Angel Utrera disse…
¿non é posible....?De verdade que ten narices.....este Sabado tamen imos facerlle unha pequena festa a...
Bueno chotconto polo correo, proque se non o mesmo se entera, e ala vai a sorpresa...
Un bico grande
LM disse…
sorte manhá!beijos

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.