Cando volve a chuvia, vaste.
Chegas con ela, marchas con ela.
Supoño que cando o vento cambia non podes ficar en ningures.
Nin sequera aquí comigo
no arrolo maino do meu peito.
Alomenos, quédame a palabra que non che dixen
por se fería de máis
os nosos corpos cansos
os nosos beizos besbellantes
como un canto de berce que se repite sempre
cravada na fronte e nas mamilas secas
estigma
como un berro que se eslúe
esvarando nos cristais
entre pingueiras adormecidas.
[De "Así que pasen seis anos" , poemario inédito, M.N. Soutelo]
B.S.- The heart asks the pleasure first, Michael Nyman, do filme "O piano" ,
Antes, de Jorge Drexler e Agua, de Jarabe de Palo
Pasión y ley, difícil mezcla,
agua y sed, serio problema.
Cuando uno tiene sed
Pero el agua no esta cerca,
cuando uno quiere beber
pero el agua no esta cerca.
Qué hacer?, tú lo sabes,
conservar la distancia,
renunciar a lo natural,
y dejar que el agua corra.
Chegas con ela, marchas con ela.
Supoño que cando o vento cambia non podes ficar en ningures.
Nin sequera aquí comigo
no arrolo maino do meu peito.
Alomenos, quédame a palabra que non che dixen
por se fería de máis
os nosos corpos cansos
os nosos beizos besbellantes
como un canto de berce que se repite sempre
cravada na fronte e nas mamilas secas
estigma
como un berro que se eslúe
esvarando nos cristais
entre pingueiras adormecidas.
[De "Así que pasen seis anos" , poemario inédito, M.N. Soutelo]
B.S.- The heart asks the pleasure first, Michael Nyman, do filme "O piano" ,
Antes, de Jorge Drexler e Agua, de Jarabe de Palo
Pasión y ley, difícil mezcla,
agua y sed, serio problema.
Cuando uno tiene sed
Pero el agua no esta cerca,
cuando uno quiere beber
pero el agua no esta cerca.
Qué hacer?, tú lo sabes,
conservar la distancia,
renunciar a lo natural,
y dejar que el agua corra.
Comentários
Gustoume ben este poema. Cecais a choiva forte acompañada de ventos sexa musa da tua escritura e me abra a min a cachola para poder saborear con xeito a lectura.
Beijos mollados se xullo
Por iso o berro debe conformarse con irse esluíndo de vagar entre as pingueiras de chuvia.
Vaia cousas...
Un beijo grande
Dubido que alguén me escoite, polo que os homes, seguirán preferindo a mulleres esqueléticas e con pouca cachola e a sociedade, tamén as preferirá, etc....
Beijos mollados
Espero que todo vaia ben.
Unha aperta!