Avançar para o conteúdo principal

Sobre a publicación


Grazas a todos e todas por preguntar polo meu repoliño.

Aínda terei que esperar a Setembro para que chegue ás miñas mans e ás vosas. Seica que o parón do verán é importante nas librarías e por iso hai que esperar á colleita das uvas maduras :)

Así que vos manterei informados e informadas 100% en canto vaia sabendo datas e todas esas cousas das presentacións, pero despois das vacacións que teredes, ben merecidas seguramente.



Hoxe sona (aínda que non casa co post, pero me apetecía reescoitar este tema).- She's a star, de James
P.S. Alguén tén o disco Whiplash de James???? Que levante la mano! e mo deixe...

Comentários

Anónimo disse…
Boa colleita
Cuspedepita disse…
En setembro nacen as cousas boas, se non mírame a mín ! ;-)) .
Unknown disse…
Gosto moito de Setembro. É o mes perfecto, xunto con Novembro, que é para min o mes da creatividade.

Decembro tamén é un mes óptimo, senon mírame a mín :)

Beijosssssssss
E logo que tedes contra Agosto?
Mirádeme a min :)
Unknown disse…
Viva o ano enteiroooo!!!

:)

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.