Avançar para o conteúdo principal

De novo, Marioliña vai de voda

Outra vez (este ano son como unha peste) vou de voda esta fin de semana. A voda en si xa supón un severo inconvinte para mín, que non me gusta comer nin pasarme horas sentada, e menos con xente coa que non vou ter tema de conversa.

Outro dos factores en contra é a vaga de calor que me vai derreter os miolos (seguramente, entr outras partes da miña constitución e do meu humor) en Extremadura (adoro Extremadura, lo prometo, pero o mercurio marcando máis de 32º me supera...).

Outro dos factores en contra... non hai máis factores en contra. É só espírito combativo. :)

Vou aproveitar o aire acondicionado para escribir unha ideiña que se vén formando na miña cabeciña rebulideira dende hai un tempo.

Comentários

Cuspedepita disse…
Veña, sé optimista, verás como o pasas ben :-)
Os factores en contra, se só son eses, non son tan importantes.
Cruzo os dedos para que atopes "factores a favor " tamén ;-)
Biquiños
Unknown disse…
Jeje... Non gosto das vodas porque me parecen algo fermoso que non chegarei a ter, igual que os nenos.

A envexa é moi mala :D

Pero o da calor é completamente certo: estamos a 34º.

Uff.

Xa vos contarei que tal.

Beijos
Anímate; seguro que de postre poñen unha torta do Casar...

Moito ánimo!
Anónimo disse…
A abanicarse toca, coas servilletas