Avançar para o conteúdo principal

Anuncios por palabras

Vendo corazón usado por tempo indefinido, tén algunha costura pero funciona ben. Responde con intensidade e paixón cando se lle trata con paciencia e unha pisca miudiña de cariño.

Horarios flexibles. Prezo a convir.


A quen lle vai interesar unha estupidez como esta...
Pero quizais me anime e poña o anuncio polas rúas, en cada farola, en cada porta, en cada caixa de correo...

Dín que os anuncios por palabras ás veces son (co)respondidos.

Comentários

Cuspedepita disse…
Ten por seguro que haberá moito quen responda ao anuncio, pero terás que seleccionar ben para escoller o mellor candidato.
Mentres, gárdame un anaquiño, anque sexa microscópico, dese corazón :-)) ¿Vale?

Unha aperta grande
Unknown disse…
O meu corazón non se reparte en anacos microscópicos, non se reparte. :)

Todo o meu corazón pra tí, linda Marisa.

Beijos e bo finde!!
Nuevo Ícaro disse…
jeje, una idea muy interesante, anuncios en las paradas de bus con tiras para arrancar el teléfono, nunca me lo había planteado la verdad, si funciona no olvides contárnoslo, estaré atento a esta novedosa forma que adquieren los corazones usados.
Raposo disse…
Corren tempos de desamor, de seguro que hai moita xente interesada no anuncio.
Paz Zeltia disse…
Mesmo os hai que se meten de ocupas
Unknown disse…
Teño as miñas dúbidas ó respecto de que alguén poida querer un corazón tan gastado como o meu.
Só se me ocorre que lle interese a algún anticuario...


De todas formas, dareivos novas de como vai o asunto :)

Un saúdo agarimoso a todas e todos!
Para adaptarte á new age dos anuncios por palabras, deberías anexar unha foto do coraçao lixeiriño de roupa e con posición diastólica proovocativa...

Biquiños sistólicos
Anónimo disse…
Eu estivera apuntiño fai un tempo, pero non me decidira, o meu corazón, dixo que non, que non merecía ser poxado á mellor postora, aínda que moitas veces arrepíntese de non facelo...
paideleo disse…
Se a ese texto engade unha foto o éxito telo asegurado.
Mararía disse…
Seguro que terías moitas respostas, pero digo o mesmo que cuspedepita, ¡elixe ben!, senón o próximo anuncio que fagas terás que sustituir o "usado" por "destrozado", jajaj. Un saúdo.
Unknown disse…
Que os deuses me dean discernimento :)

E paciencia para a posta a punto do meu órgano batente.

Saúdosssssss!!!!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.