Avançar para o conteúdo principal

Massenet -- Meditación

Hoxe estou algo pensativa, ensimismada.

Chegan novas que nos afunden nunha terrible agonía.
E hai que sentarse tranquilo a dixerilas, como unha comida pesada que se nos atraganta.

Trato de dicir que a morte dun ser achegado nunca é unha boa nova, pero é unha nova.

Que remedio queda senon pararse e chorar.

Hoxe sona no meu violino tamén Massenet e a súa Meditación.

Comentários

Hai momentos nos que as palabras non abondan para comunicar. Seino ben. Con todo, non teño outro recurso para desexarche calma e ánimo.

Tampouco teño máis recursos para enviarche un bico
Unknown disse…
Graciñas, Chousa.

Somos vida e morte ao mesmo tempo, malia que non saibamos/queiramos aceptar esa condición.

Graciñas polo beijo.
busto.agolada disse…
A nós, desde a distancia, correspóndenos mandarche verbas garimosas e de ánimo e unha aperta.
Unknown disse…
Graciñas Busto. Díxome un paxariño que estabas algo maliño das cóstas.

Calor e mimos para pasar o trance.

Beijo

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!