Avançar para o conteúdo principal

Trece rosas

Que demo lles pasa ós domingos que sempre nos fai sentir unha fonda amargura?

Ou será que acabo de ver "Las Trece Rosas" ?

O certo é que, despois de ter lido e estudado tanto sobre o franquismo e a represión despois da Guerra Civil, e das prisións, e dos campos de concentración, e das foxas e dos cadávres que aínda seguimos buscando nas cunetas, nas praderías, nos montes, nos muros dos cemiterios..., a película paréceme moi lixeira.

Setenta anos non son nada para a Historia. Nin para a Memoria.
Non debemos deixar que se acalen as voces dos que morreron, nin dos que viven. Pero resulta tan difícil ser imparcial.

E as feridas aínda nos doen e supuran agora ata ás/aos que non as padecemos no corpo...

Comentários

Ben sei que as amarguras adoitan ser máis prolíficas no terreo da creación literaria, pero non son nada boas para o cutis; de xeito e maneira que -como di a canción-
"... deja de llorar
y si la vida de pisa,
desenvaina una sonrisa
y vuélvete a levantar".

Bicos desmemoriados
Unknown disse…
Viva!

Grazas pola canción.

Só era resaca da peli, creo.
E de que non houbo tarde de sol. Os domingos así son un castigo.

Perder a memoria é fascinante.

Beijos cantaruxeiros

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.