Avançar para o conteúdo principal

Democracia para tod@s

Por fin, España decide! (Que electoralista, estáseme subindo a política á cabeza...)
Decide nos peleles soplagaitas que manda a Eurovisión.
É o que pasa: daslle poder ao populacho e che montan a revolución. Descastados.

Este ano, lo juro como Escarlata O'Hara, non me perdo o evento por nada do mundo (salvo que alguén propoña un plan mellor...), porque o candidato é o máis estraño que vín na vida.

Perrea, perrea...

Comentários

Eu xa o dixen un día: A democracia está ben para o goberno; pero na miña casa...DICTADURA, carallo!!

(E vaime ben, que non houbo a quen se lle ocurrise "cantar" dese xeito e andar desa guisa).

Uf, menudo bochorno van pasar os españois!!!

---Agardo que che saia mellor plan para ese día---

Beijos musicais
Unknown disse…
Dios te oija.

Beijos a secas

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!