Avançar para o conteúdo principal

Terapia

Aínda que non nos pareza o mellor método, resulta eficaz.

A terapia en tódalas súas variantes, case tantas como persoas, é a única fonte de equilibrio con nós mesmas e mesmos. Aínda con todas as nosas dualidades, ou as diferentes personalidades que nos poboan ás veces. :)

Somos complicados (porque nos gusta).

Como senon chamar a atención das e dos que nos rodean? A máis conflictos, maior representación teatralizada de un mesmo = maior compaixón, maior disgusto e preocupación dos demais = FAMA (efémera e vacía de contido pero fama, vaia). Os méritos autocalíbranse polos propios esforzos por salientar na maré cotiá, malia que sexa dunha forma vana e/ou estúpida.

Pero, tamén, que doado é acompañar a calquera na súa loucura transitoria.
Moito máis que felicitalo polo éxito na vida, por ter un fillo, por publicar un libro, por prantar unha árbore.

Esas son idioteces.
O sufrimento é interesante para quen non o sufre. E resulta tan rendable...

Todos deberiamos facer terapia algunha vez na vida. Decatariámonos do horribles que somos por dentro.

Comentários

Pois saliuche ben o Toxiño na "animaxe"...

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!