Adoro ir ós almacéns de teas, pola variedade de texturas, cores, tecidos, combinacións... É o que aínda me queda do antepasado cazador-recoletor. É como xogar ás bonecas de novo, pero sen bonecas, que cousas... Remexo entre os retallos, busco nas pezas, acariño as sedas e os tules.
Os brocados e os chantillis son hilarantes, xa só polo nome.
Que despropósito.
A cousa é que me pón de bo humor ir de visita ós almacéns de teas.
Debería escribir máis en profundidade sobre o tema.
Debería.
%2520-%252060x74%2520String%2520Patchwork.jpg)
Comentários
Se te pon de tan bo humor...vai, ainda que somente sexa a remexer.
Un bico de seda
Son como un can de caza (de teas). Unha abelaíña das cores e das texturas...