Avançar para o conteúdo principal

Teas e retallos

[ Qilt da Familia Trapp]

Adoro ir ós almacéns de teas, pola variedade de texturas, cores, tecidos, combinacións... É o que aínda me queda do antepasado cazador-recoletor. É como xogar ás bonecas de novo, pero sen bonecas, que cousas... Remexo entre os retallos, busco nas pezas, acariño as sedas e os tules.
Os brocados e os chantillis son hilarantes, xa só polo nome.
Que despropósito.
A cousa é que me pón de bo humor ir de visita ós almacéns de teas.
Debería escribir máis en profundidade sobre o tema.
Debería.


Comentários

Tes razón que son hilarantes. Remexer entre os retallos e buscar e acariñar...buff. Nada de despropósito! Todo o contrario.

Se te pon de tan bo humor...vai, ainda que somente sexa a remexer.

Un bico de seda
Unknown disse…
Normalmente lévanme para aconsellar sobre combinacións de tecidos e cores, (parece ser que teño bo xeito para adaptalos a quen os vai levar), e para atopar retallos lindos entre a morea deles.

Son como un can de caza (de teas). Unha abelaíña das cores e das texturas...

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!