Avançar para o conteúdo principal

Medea


Tomar vinganza nos fillos, deixalos abandonados ao frío e á morte ou matalos... Medea, canto dano fixeches na nosa constitución xenética como nais.
Pero cantas razóns tiñas para facelo.
E ninguén te escoitou antes de que todo se precipitara cara ó abismo.

Comentários

Hoxe, uns cantos lustros despois, sigue habendo "vellocinos de ouro" e amores desmedidos...

(Na elección entre ser un zángano libador de flores ou un Jasón ultramoderno amado máis aló da cordura, sin duda, quedo co bicho voador)

Un bico (medido)
Unknown disse…
Iso parece e aparece cada día nas novas: bebés en bólsas, bebés/crianzas maltratadas, crianzas secuestradas violadas ou mortas...

Non entendo nada.
Cando faremos nosa a dor allea para non fomentala?

Un beijo cun pouco de sal e un pouco de mel ( que teñen as mozas que saben tan ben?...)

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!