Avançar para o conteúdo principal

Flores, gromos, Rubik

Todo florece arredor.

Case dá vertixe ver como outro ciclo comeza. Pero é tan lindo volver a empezar, sempre.

Pediría poder volver a empezar de novo moitas cousas, pero confórmome co que levo andado. Co que non me conformo é co que teño agora por facer, non acaba de encaixar, non acabo de encaixar, que sensación tan familiar...

Supoño que vivir é, en parte, como o cubo de Rubik : atoparlle o xeito e darlle ata conseguir que as cores casen.

Como todo o que florece arredor, dentro e fóra da fiestra.


Hoxe sona.- Playground Love, Air

Comentários

d´Agolada disse…
si tes razon esta entrada está mellor que a anterior. Moitas grazas por visitarme, espero que o sigas facendo, eu dende logo si que o vou facer.
Unknown disse…
Grazas por querer visitarme, quizais algún día faga un bo té para reunirnos todos e todas.

Agrego a túa dire ás cartas náuticas.

Saúdos!
Ás veces é cuestión de combinar.
Con todo, se percibes a beleza das flores e maila "lindeza" de volver empezar...podemos concluir que a miña prescripción foi correcta. (Terei que subir as tarifas).

Por certo, eu o te...con moito azúcar.

Beijos azucarados

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!