Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción. Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...
Comentários
Extraño a son dun corazón, a última vez foi fai un ano, pero bueno, intento escoitar o meu, aínda que apenas soe porque xa non ten moitas gañas...
Espero que poidas volver a sentir a calor do sangue.
Bicos
O meu corazón tamén está cansado ( non seremos irmáns, ou?). Dende o 18 de marzal do ano pasado. Non creo que poida reparalo xa. O que non sei é a corda que lle quedará aínda a este corazón extenuado.
Grazas por visitarme.
(E con eses folgos pretendías ti subir ao Farelo a ver os petroglifos?)
Bécquer, Lorca, Serrat...Enchufa Mago de Öz e ...a mover os cadrís, que chega a fin de semana!!!!!
Mago de Oz... non son da miña devoción. Son moi clásica.
A ver se vai resultar que teño eu máis anos ca tí? :D
Alégrome infinito de que non deixes de comentar no blogue.
Beijos mil.