Avançar para o conteúdo principal

Dices que tienes corazón



(...) y sólo
lo dices porque sientes sus latidos
;(...)
[Rima LXXVII, G.A. Bécquer]




Só sinto o seu bater, pero pode ser un reloxo que fai tictac dentro das costelas, porque a boca sábeme máis nada que a veleno e xa non sinto o calor do sangue encarnado nas veas.



hoxe sona.- Muerto de amor, Federico García Lorca, J. M. Serrat+Ana Belén






Comentários

Anónimo disse…
A mim pásame igual.

Extraño a son dun corazón, a última vez foi fai un ano, pero bueno, intento escoitar o meu, aínda que apenas soe porque xa non ten moitas gañas...

Espero que poidas volver a sentir a calor do sangue.

Bicos
Unknown disse…
Vexo difícil volver a sentir a caloriña do sangue, aínda que se me ocorren un par de formas para volver a facelo e ningunha é compatible ca vida, creo.

O meu corazón tamén está cansado ( non seremos irmáns, ou?). Dende o 18 de marzal do ano pasado. Non creo que poida reparalo xa. O que non sei é a corda que lle quedará aínda a este corazón extenuado.

Grazas por visitarme.
Canso o teu corazón? E logo, seica non terá garantía?. Que pouco durades hoxendía!.
(E con eses folgos pretendías ti subir ao Farelo a ver os petroglifos?)

Bécquer, Lorca, Serrat...Enchufa Mago de Öz e ...a mover os cadrís, que chega a fin de semana!!!!!
Unknown disse…
Teño o corazón gastado, pero no senso poético da cousa de quererse e amarse.

Mago de Oz... non son da miña devoción. Son moi clásica.

A ver se vai resultar que teño eu máis anos ca tí? :D

Alégrome infinito de que non deixes de comentar no blogue.

Beijos mil.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!