Algo tén de especial, e non minto, o viño de Porto, para alguén que se confesa expresamente só bebedora de cervexa Estrella e zume de laranxa recén exprimido a media tarde.
Adoro o seu sabor, a quentura que deixa no padal, a cor a sangue viva. Agora que o penso, nin sequera debería estalo bebendo, pero que máis me dá.
Por certo, os Reis deixaron de momento no meu zoquiño unha estilográfica Rotring moi linda, unha pedriña de carbón branco (non me preguntedes dende cando o carbón é branco, porque son de letras...), libros (un deles de Pérez Reverte), sementes de árbore para a miña ledicia, unha pulseira de coiro dun artesán de Muxía, unha visita sempre fermosa ó Cemiterio dos Ingleses, poemas novos na miña libreta de escribir e un sorriso como unha media lúa crecente que se abre ás nubes de chuvia de Xaneiro sumada a un belisquiño de nostalxia, desa da que fala Sabina ("porque el amor cuando no muere mata; porque amores que matan nunca mueren").
E,a todo isto, que é o que as Súas Maxestades deixaron nos vosos?

Comentários
Por iso o que sí se deixa entrever é un proxecto fermoso que poida que me achegue a Galiza para vivir por sempre endexamáis. E iso sí que sería un agasallo...
Espero contarcho en persoa.
Bicos, rula!!
pd: porque cada un dos teus agasallos son estupendos. porque, sen dúbida, os mereces...
Xa sabes que en España, por moito que reneguemos de todo, somos monárquicos ata a médula. :) E máis se son eles os que agasallan.
Espero verte axiña.
Comparto a túa ilusión e a túa ledicia.
Beijos como fervenzas.
A nova é moi feitiña, e a vella xa a tiña que xubilar de pura necesidade, pero dame moita pena. Acompañoume en moitas saídas fotográficas durante os últimos anos.
Vos, que mudades de bolso según a combinación que lle corresponda, non me poderíades dar algún consello que me axude?
Sería moi útil unha foto da bolsa vella (porque entendo que queres reciclala para seguila usando, non é?)porque, sendo filla de costureira, malo sexa que non atopemos algunha solucionciña, ou?
O correo meu é nievinhas@hotmail.com.
Un saúdo!!