Avançar para o conteúdo principal

Pegadiñas de eiruga

Non creades que me pasa moi a cotío, pero ás veces síntome un pouquecho vacía, desordenada, torpe.

Miro o caderno dos poemas, o violiño, algunha fotografía vella. Miro todo con tenrura e sorrío de medio lado, ata que devagariño unha media lúa se asenta na miña faciana pálida e ilumina o cuarto.

E o vacío que ameaza con instalarse en mín volve a encherse daquilo que me dá forma e síntome forte de novo.

E é así todos os días.
Dende que me ergo co cabelo como a Medusa ata que me deito silenciosa e me engruño como unha eiruga miudiña entre o cobertor.

Comentários

Joder!
Este post ten moito nivel para min.
Unknown disse…
Iso tén unha solución moi doada, Chousa. Ve todo o que poidas de Les Luthiers :D

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!