Avançar para o conteúdo principal

Athenea


Pásanseme os días en branco e sono. O bo diso (todo debería ter unha parte boa) é que cando durmo, ideo miles de cousas que despois, durante as horas que consigo estar esperta, intento escribir e compoñer.

O malo é que nunca pensei poder odiar tanto a comida, nin ter a língua tan solta, parezo unha inconsciente. Digo e fago o primeiro que se me ocorre, supoño que desinhibirse despois de tantos anos de síndrome de Estocolmo comigo mesma tiñan que ter unha escapatoria por algures. Son unha tola.
Pero todo vai tomando forma de novo (e ben): son un home espartano dentro do corpo dunha muller sensible e neurótica. Que complicado resulta mantelos ós dous satisfeitos. Aínda así,o plan non pode fallar.



Comentários

Non me chista un carallo eso do odio á comida. Imaxinas un coche que odiase a gasolina?

E, rematando sermóns, un detalle: tenme olliño co uso das vocais. Imaxínate que na última palabra do post te trabucas...
Unknown disse…
Ás veces, pasa tanto unha cousa como a outra: teño un estómago delicadiño, xa ves.

E espero que o plan non me "folle", porque entón si que se vai poñer serio o asunto . ¬¬

Saúdos e bo nadal.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!