Avançar para o conteúdo principal
Hoxe é un día distinto.

Porque quizais ata agora
non me dera conta de que

me gusta tanto a xente.

(e que adoro 60/40 o traballo e o descanso
e mellor se é compartido cos demáis).

Comentários

tete disse…
gústame que che guste a xente. eu recupero a fe no ser humano grazas a algunhas personiñas que pululan polo meu mundo. danme calafríos da emoción, xúrocho.
as veces, mirando a tele, renego de todo. pero miro ó meu carón e sinto pureza.
iso che desexo. cada día. cada día.
bicos, ruliña!!!
Unknown disse…
Como agradezo a beizón que me regalas!

Ó meu redor tamén entrelazo as máns con quen me quere e con quen amo.

E o mellor de todo é recoñecer ese amor.

Senon, que sentido tería a vida?

Beijos cheos do amor profundo e da música do Universo!!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.