Avançar para o conteúdo principal
É certo.

Chegou a crise e o cambio. Chegou o momento de escoller o camiño que sempre me acompañou pero que non consideraba o imprescindible ou o único.

Chegou a decisión.
A enerxía.

A mutación contínua.
O movemento.
Que todos estes encoros agochados flúan cara a nova lagoa.

Comentários

tete disse…
Fascíname que compartamos un momento semellante. Por primeira vez na vida, quero cambiar os meus días e darlles sentido. O sentido que sempre tiveron que ter e que a cobardía, a apatía, o deixar pasa-la vida me roubaron.
Eu tamén quero fluir cara o que realmente sen. Quitar a careta de funcionaria e ser persoa. E nunca máis sentirme soa.
Moitos bicos, emprendedora.
Aquí estou para te dar ánimos :)
Unknown disse…
Hai veces nos que un se atopa con pequenas beizóns en forma de persoa e para min coñecerte (aínda así a través deste medio) é un deses momentos. Graciñas polas palabras e por unirte á miña busca.

Eu tamén te acompaño na túa metamorfose.

Unha aperta chea de soles!

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!