Avançar para o conteúdo principal

Conta atrás

Faltan 5 días para o despegue.
E a maleta.
E os roteiros para cada día.
O pano da man para despedirme no aeroporto.
A miña guía Lonely Planet subliñada e o caderno cheo de notas.
A foto dos meus nenos (maldito apego).
O xabrón, o boli, o mandala para enredar, a cámara de fotos coa tarxeta valeira, o vidro dos ollos limpo de cores e de imaxes, a libretiña dos poemas, os pares de medias de reposto para as camiñatas pola cidade, a lista de encargos para traerme de vólta,...

E as ansias pola viaxe.

E o meu diccionario para non dicir barbaridades gramaticais (que, me temo, acabarei pronunciándoas a mancheas...).

Non importa, é só o comezo: Ich lerne Deustch.

Comentários

Unknown disse…
Cinco dias, que tensión!
Boa viaxe.
Unknown disse…
Graciñas. Pero non o dirás para que te engada na lista de encargos?
Alberto Ramos disse…
Buen despegue.
Unknown disse…
Graciñas, Al. A ver se volvo cos ollos como os levo, porque quero ver tantas cousas e lugares que non sei se resistirán :)
tete disse…
resistirán. pero o corazón, non sei. teño gardadas na ialma tantas imaxes fermosas de praha que aínda non volvín ser quen era antes.
disfruta, nena. merécelo.
bicos para hoxe e para os días seguintes
Unknown disse…
Beijinhos tamén para tí, linda.

Xa che/vos contarei que tal resultou todo. Agora só pido (de momento) que non me perdan a maleta, senon...

Saio na madrugada de mañá.
Volareeee... ooooooh ooooh... :)

A ver se volvo falando alemán :D

E se consigo non arrecender a currywürst ou a chucrut (que tamén o hai, si...).

Apertas e aloumiños.

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!