Avançar para o conteúdo principal

Manchas que non queremos borrar ás veces






És como unha mancha
sangrada
de uvas secas

no centro da miña fronte

-o meu terceiro ollo (polife)místico-.

que por máis que
a intente limpar
coa man mollada
nunca desaparece.




[De "A filla da Mandrágora", poemario sen edición, M.N.Soutelo] [fot.Alejandro Pérez]

Comentários

tete disse…
os teus poemas, os poemas de quen me prendo, son viaxes oníricas que me das a imaxinar. por iso, as persoas que non coñezo físicamente soen aparecer nas miñas noites, sen cara, pero con presenza moi forte. encántame vivir unha vida coa imaxinación. encántame vivir unha doble vida de soños.
e ti tamén es como unha mancha sa(n)grada.
bicos, rula!

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!