Avançar para o conteúdo principal

Do porqué da viaxe (II)

Un non sabe, ás veces, moi ben por qué decide comezar unha viaxe. Só sabe que na mañá pensou en ir acomodando a roupa precisa para cinco, seis ou vinte días lonxe da casa. Que non esqueceu gardar o cepillo de dentes, unha toalla, e dous pares de zapatos.

Uns cadernos e material de escritura (si, Lord Byron...), a cámara de fotos, algúns panos da man, ibuprofeno e tiritas,...

Quizais a ansia de viaxar nos veña desa angustia cotiá da obrigación, para desfacernos dela, ou alomenos ser capaces de despistala unha tempada. Do nomadismo que aínda sobrevive no noso herdo xenético. Do ideal nacido no imaxinario colectivo de que o traballo non dignifica, senon que escraviza.



Comentários

tete disse…
píllasme xusto no día de facer maletas aínda que sexan para ourense, lar de meus pais, porque eu sempre me sentín un pouco apátrida e estou mellor viaxando que quieta. sempre me perturba pensar que hei de botar raíces, que algún día terei que facelo. por eso viaxo case cada finde, para non as sentir medrando debaixo dos meus pés.
dende logo que o traballo escraviza. só os ociosos poden dicir que dignifica. só eles.
tomo nota do té. eu tamén che son desas. hai una sitio precioso en ourense onde hai tés de tódolos tipos. meu favorito? té de crema. doce e branco.
bicos, rula.
ata vernos :)
Unknown disse…
Logo, ou eu son do grupo dos ociosos, ou detesto tanto ós ociosos como para crer que, de verdade, o traballo nos dignifica, non no senso máis fondamente capitalista, senon en canto a actividade pola actividade.

Té de crema? Eu gosto das cousas máis simples: o té ou o café sós, a brisa na herba verde, a textura da terra frotada nas palmas das máns...

Vémonos en nada.

Unha aperta.
Oscar de Lis disse…
acho (perdoade que me meta, pero eu som assim de oportuno), que nesta altura, do tempo e da geografia, pouco hai já que nos dignifique, polo menos pouco material. talvez, só talvez seja possível falar de dignificaçom pola acçom. e disso, também desgraçadamente, sabemos pouco, nós os televidentes
Unknown disse…
A dignidade vai tecida na madeixa da persoa.

De cada un depende o calibre do fío que esa posúa.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.