Avançar para o conteúdo principal

Ditos [e feitos]


Ás veces plantéxome canto hai de razón niso que se dí de que deus dá noces a quen non tén dentes.

E tamén me pregunto en que momento deus introduce nas nosas bocas os dentes todos para que poidamos aproveitar o mellor do froito que hai dentro da casca.

Quizais moitas veces simplemente non nos decatemos de que os dentes están no seu sitio dende sempre.

Eu, por se acaso, paso a miña língua polos seus fíos ata facerme sangue todos os días. Para non esquecerme.

Comentários

tete disse…
sumérxome encantada nas augas tépedas con correntes frías das túas metáforas. cavilo e cavilo. leo e volvo ler. e gustaríame saber debuxar para regalarche o mundo que descobres, pouco a pouco, para min.
bicos sen dentes.
Unknown disse…
Está ben eso das augas tépedas con correntes frías. Digo que está ben porque sen correntes frías e tépedas non habería movemento no océano, e non hai nada peor que a calma chicha.

Non é preciso que saibas debuxar, as túas palabras me bastan.

Bicos con língua. ;)