Como se asimila a morte dun familiar?
Simplemente se van, outro ciclo de novo se completa cando o organismo xa non tén a capacidade suficiente de rexenerarse por si mesmo.
Non me aferro á ciencia nin á certeza biolóxica.
Intento só alonxarme do patetismo da fé.
Alegría e futuro para os que ficamos.
Alegría tamén para os que nos deixan.

Comentários
sabes? sempre pensei na morte, na propia e na allea. sempre coma un paso máis, asumible á forza. nunca morreu ningúen próximo a min. sorte ata agora. malo que agora xa toquen máis. con carlos falamos a míudo dela porque él viviu unha experiencia bastante traumática. encántame a súa visión. eu sonche diferente. xa veremos.
bicos, moitos bicos, mariola!
Pero non deixa de ser unha impostura cultural, que se foi convertendo en trámite obrigatorio das boas maneiras.
Supoño que a sociedade non se pode permitir, nun momento así, deixar a ninguén só.
Pero a morte en si non é senon unha parte necesaria da propia vida. Se fosemos capaces de despoxala de fés e credos, veriamos o que é.
Como dicía Epicuro, non debemos temela, porque cando nós somos, ela non é, e cando ela é, somos nós os que xa non somos.
Eu que sei.
O que sei de certo é que hoxe enterro un familiar.
Nem tinha ideia, neste nosso arredar-nos lentamente. Redobro os beijos da Tete e quero lembrar para ti os cafés que aspirámos de maos dadas. Força, amor.