Avançar para o conteúdo principal

As Portas


para cada porta
[da cidade]
tecéranse coroas
de dente de león
passiflora
e rododendro.

as mulleres cosían
unha a unha
as flores
en pólas elásticas
de mirto.
[de "na cidade", poemario sen edición, m.n.soutelo]

Comentários

tete disse…
e non chegara a morte. senón a primavera.
sonche outra cando as cores me cegan. máis animal, máis sensual (de sentidos). cómenme por dentro.
eu déixome.
moitos bicos.

pd: tes un amplo poemario desexando (?) ver a luz. encántame ser espectadora das túas verbas, mariola.
Unknown disse…
E a min que o sexas.

E que as cores fagan abrollar a túas sensualidade durmida.

Nunca te rindas ó monocromatismo.