Avançar para o conteúdo principal

Predición

Como cando as horas pasan tan lentas que poden respirarse os segundos.

Hoxe pido unha predición misericorde, arcanos.
Deixade que lea nos vosos trazos a resposta que levo tempo buscando.

Quizais neles poida ver o fondo do cristal antolladizo do meu pensamento, para descifrar así, soamente, as cores da súa profecía.

Comentários

tete disse…
qué recordos me trae o tarot... cando estudiaba en santiago, pasei por unha temporada por meiga. dicían meus amigos que sabía cousas que non me dixeran. sempre fun máis de escoitar que de falar e eu atribuía os meus coñecementos á escoita, non a ningunha axuda extrasensorial :)
un deles regaloume unha baralla do tarot. como non sabía utilizala pero encantánbanme as cores, collín os arcanos menores e pegueinos preto do teito, coma se fosen unha cenefa de cor. todo o mundo entraba na habitación e se sorprendía.
dos arcanos maiores falareiche noutra ocasión :)
moitos bicos.
que se cumpla a predicción. pero só se é boa, rula.
Unknown disse…
Por que temos tantas cousas en común?
tete disse…
meu carlinhos di que existe unha lei natural que une ás persoas. el chámaa "a lei da afinidade" e di que é subterránea entre as almas,que se vai percibindo pouco a pouco. tal vez na mirada, tal vez nas palabras.
creo nesa lei.
bicos!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.