Avançar para o conteúdo principal

Conmoción

É agora, con todos estos anos apolitados nas cóstas, cando decido que xa vale, que hai que poñerse en marcha, espertar e ir abrindo os ollos de pouquiño, devagar.


Como cando entra luz da mañá pola fiestra os domingos e un pensa, debaixo da roupa morna da cama, que xa lle vale ó Sol, que que é iso de non respetar nada.

Se todos os deuses de todas as relixións decidiron descansar nalgún intre, por qué non deberían facelo tamén os mortais?




Comentários

tete disse…
teño alma de lirón. ás veces os desexos de durmir serían para escapar, para esquecer. como sedante, fago mandalas (recoméndochos se non os coñeces) e algo de pilates. pero non hai quen me quite que debería durmir e espertar noutro tempo. sempre pasado.
moitos bicos, preciosa mariola!!!
Unknown disse…
Graciñas polas recomendacións.

O meu desexo de durmir choca co meu desexo de actividade. Que contrariedade en mín mesma.

Eu non soño con máis tempo que con este. Porque é o tempo que existe. E é o tempo que me comprace.

Cóidate.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.