Avançar para o conteúdo principal

Compartindo

Non quero compartir, son egoísta.
Cos anos nos imos transformando en formigas acaparadoras dos minutos que nos quedan, tic tac tic tac.

Vaise aprendendo esa sabedoría do aforro que che resulta fascinante ou terriblemente inútil e aburrida, completamente out e sen sentido tan só uns anos antes do punto en que agora estou. Ou estamos.
Xa non creo niso de compartir o meu tempo con outr@s. O tempo non se comparte así porque así. Eu xa non quero compartilo con quen non me apeteza facelo, porque non é algo gratuíto. O meu tempo é carísimo. Caríssimo tempo.

Igual que eu procuro facer méritos para acompañarte no teu cronómetro descontrolado, fainos tí tamén.
Xa o sabes.

Comentários

tete disse…
hai persoas que teñen un tempo interno diferente ó noso. temos que nos poñer a súa disposición. neses casos, o meu tempo non se somete ó deles. xa o decidín hai anos. pero para os que viven na miña parcela interior, o meu tempo regáloo con gusto. feliz e doadamente.
que teñas moitos momentos de tempo atemporal para dispoñer del coma ti mellor queiras, rula!
muacks!

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!